Co obxectivo de promover o programa de compostaxe domiciliaria, PERMAE poderá realizar materiais audiovisuais (fotografías e vídeos) durante visitas a domicilio ou actividades de seguimento. Estes materiais poderán ser difundidos a través dos medios de O Camiño Sostible e dos medios oficiais do Concello/Mancomunidade/Consorcio no que resida a persoa solicitante.(En todo caso, poderá revogar esta autorización en calquera momento comunicándoo ao Concello/Mancomunidade/Consorcio ou a PERMAE).
O Camiño Sostible é a rede de participación cidadá impulsada por Permae, que promove accións de sustentabilidade e economía circular en toda Galicia. As persoas socias reciben información sobre actividades, eventos e oportunidades para participar en proxectos locais.
(Este apartado é voluntario e non condiciona a participación no programa de compostaxe domiciliaria).
O responsable é o Concello/Mancomunidade/Consorcio de Galicia que vostede seleccione (ou ao que pertenza no caso de Mancomunidade ou Consorcio). Os seus datos serán tratados por PERMAE SER, S.L. (O Camiño Sostible) como encargado do tratamento cando exista campaña activa, limitándose á súa xestión e entregándoos ao Concello/Mancomunidade/Consorcio ao finalizar. Se non hai campaña activa, PERMAE remitirá os datos ao Concello indicado e suprimiraos dos seus sistemas. Pode exercer os seus dereitos de protección de datos perante o Concello/Mancomunidade/Consorciocorrespondente. Máis información na sede electrónica do Concello/Mancomunidade/Consorcio.
De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de Datos (RXPD), e coa Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase do seguinte: